Noticias

RANKING [provisional] da LIGA GALEGA O-PÉ 2026 v3 de 8 probas disputadas

Publicamos o RANKING [provisional] da Liga Galega O-Pé 2026 unha vez disputadas 3 das 8 probas do calendario oficial.


Ábrese un prazo de 15 días, a contar dende o día seguinte á presente publicación, para que os deportistas presenten as reclamacións que consideren oportunas na conta ranking@fegado.es.


Tamén abrimos idéntico prazo para que as persoas integrantes dos equipos de Selección Galega no CESAR 2025 (disputado no presente 2026) e que teñan disputado seccións compatibles coa especialidade de O-Pé, soliciten expresamente na conta ranking@fegado.es (indicando nome, apelidos e categoría para a que solicitan factor de puntuación como seleccionado/a) acollerse aos privilexios de factores de puntuación equivalentes aos que obteñen os/as organizadores/as en aplicación do artigo 6.6.c das Normas Anuais O-Pé 2026 da FEGADO.

  • Recordamos que para obter unha puntuación coma seleccionado/a ou aspirante (aparecerá como SEL no ranking), será imprescindible ter participado nun mínimo de dúas probas de Liga Galega.
  • Non se establece ningún límite de número máximo de puntuacións con factor.
  • Non se establece ningún límite de idade.