ENTREGA dos TROFEOS da LIGA GALEGA SPRINT 2025 o sábado 9 de maio na proba de OLEIROS
Seguindo a tradición de agasallar ás tres primeiras persoas clasificadas na LIGAS GALEGAS na primeira proba da tempada de cada disciplina, convidámovos a tod@s á cerimonia de premiación que se fará ao rematar a 1ª proba de LIGA GALEGA SPRINT 2026 no mapa dos parques TRECE ROSAS - GALERAS (Oleiros, A Coruña).
A intención é facer a premiación na praciña central de INEF que da acceso á cafetería e duchas ás 14:30 horas.
Adxuntamos a ligazón aos resultados da LG SPRINT 2025. Parabéns a tod@s e rogamos asistencia por respecto ás persoas deportistas.
