Noticias

ANXO SOMOZA REPRESENTARÁ A ESPAÑA DO 31 DE XULLO AO 3 DE AGOSTO NO CAMPIONATO DE EUROPA DE TRAILO

O noso orientador Anxo Somoza compite estes días en Szczecin (Polonia) no Campionato de Europa de Trail-O (ETOC 2026) co resto de integrantes da selección española

O evento organizado polo Club Orientacji Sportowej BnO Szczecin reúne a 187 deportistas de 21 países, distribuidos en tres categorías: Open, Paralímpica e Júnior, na que competirá Anxo

Os deportistas levan adestrando en terreno polaco dende o pasado 28 de xullo no PreETOC 2026, unha competición preparatoria con terreos similares aos do campionato

En canto ao programa, hoxe 31 de xullo disputouse o TempO, o 1 de agosto terá lugar o PreO 1, o 2 de agosto o PreO 2 e finalmente o 3 de agosto a competición despedirse cosas Remudas.

Enviamos moita sorte a Anxo e a tod@s @s deportistas da Selección Española!