EXTREMADURA DESPEDIU A LIGA ESPAÑOLA DE US-ROGAINING ESTA FIN DE SEMANA CO CAMPIONATO IBÉRICO
Este sábado a provincia de Cáceres acolleu o Campionato Ibérico de Rogaining, que foi a sexta e última proba da Liga Española de Rogaining 2026. O evento estivo ao cargo da Federación Extremeña de Orientación (FEXO) e do Club Alcor Orientación.
Os equipos enfrontáronse a percorridos de ata 7 horas nas categorías superiores. Entre os nosos deportistas, destacamos os seguintes resultados:
Na categoría Senior Masculino, o equipo Brigantia-Aligots Sherpa Raid, formado por Aurelio Olivar e Juan Francisco Marín, acadou a segunda posición, mentres que David Senra e Iván Somoza, do Gallaecia Raid Correcamiños, conseguiron o terceiro posto.
En Veteranos Feminino, o Gallaecia Raid Xabalinas, integrado por Elena Bujía e Claudia Oreiro, proclamouse campión, seguido do equipo Aromon De Vagar, formado por Mónica Leiro, Rosa Mª Paredes e Luisa Sánchez, que conseguiu a segunda posición.
Tamén logrou a medalla de ouro o Aromon Lumieiras-Turquino, con Gilberto Díaz e Yolanda Navia, que se impuxo na categoría de Veteranos Mixto.
Nas categorías de Superveteranos, o Gallaecia Raid Vetusta Morla, con Paulina Mosquera e Teresa Silvarrey, logrou o primeiro posto en Superveteranas Feminino, mentres que Enrique Álvarez e Juan Patiño, do Gallaecia Raid Ultra, fixeron o propio en Superveteranos Masculino.
Por último, o Aromon Supervetmix, composto por Chus Abilleira, Javier Alvelo e Carlos Morais, logrou a primeira posición en Superveteranos Mixto.
Dende a FEGADO trasladamos os parabéns a tod@s @s deportistas. Toda a información está dispoñible na web oficial da FEXO e os resultados completos pódense consultar neste enlace.
