Noticias

O CAMPIONATO DE EUROPA DE MTBO 2026 FINALIZOU O PASADO XOVES CON DOUS DIPLOMAS PARA OS DEPORTISTAS DA SELECCION NACIONAL NAS REMUDAS

Os pasados 24-28 de maio a selección española competiu en Almeida (Portugal) no Campionato de Europa de MTBO 2026 e 2ª Copa Mundial de MTBO. Como integrantes do equipo nacional destacamos aos orientadores da FEGADO Kike Chousa (Club de Orientación Compás) na categoría absoluta, Noa Rodríguez (Club de Orientación Compás) e Mario López (Club O Pasatempo Betanzos) en Junior e Martín Casado (Club O Pasatempo Betanzos) e Lía Rodríguez (Club Orientación Compás) en Xuvenil.

Nas distancias media e longa, destacamos a actuación de Noa Rodríguez en W20, que logrou clasificarse no top 10 en ambas cunha décima e novena posición, respectivamente.

O día 28 a competición despediuse coas remudas. O equipo deW20 integrado pola nosa orientadora Noa Rodríguez, xunto coas súas compañeiras Marta Villa e Ana Entrerrios, acadou o diploma pola súa 5ª posición. Mentres, o conxunto de M17 do que formaba parte Martín Casado, con Sergio Sánchez e Pedro Martínez, foi 6º.

Dende a FEGADO enviamos a noraboa a tod@s!

Máis información e resultados completos neste enlace