Noticias

CINCO ORIENTADORES DA FEGADO FORMARÁN PARTE DA SELECCIÓN ESPAÑOLA NO CAMPIONATO DE EUROPA DE MTBO 2026

A Dirección Técnica de la FEDO publicou a convocatoria dos deportistas seleccionados para representar a España nos Campionatos de Europa de MTBO 2026 nas categorías Absoluta, Junior e Xuvenil os vindeiros 24-28 de maio en Almeida (Portugal).

Destacamos a presenciados seguintes orientadores da FEGADO entre os integrantes da Selección Nacional: Kike Chousa (Club de Orientación Compás) na categoría absoluta, Noa Rodríguez (Club de Orientación Compás) e Mario López (Club O Pasatempo Betanzos) en Junior e Martín Casado (Club O Pasatempo Betanzos) e Lía Rodríguez (Club Orientación Compás) en Xuvenil.

Dende a FEGADO trasladamos a noraboa a todos os deportistas e enviámoslles moita sorte!