4ª Proba da Liga Galega de O-PÉ distancia MEDIA en LIÁNS (OLEIROS) 9 maio 2026 | org. LICEO / ÁRTABROS / GALLAECIA
Cuarta (4ª) proba da Liga Galega de O-PÉ bosque cunha proba organizada conxuntamente polo Club de Orientación Liceo, Sociedad de Montaña Ártabros e Gallaecia Raid , no Concello de Oleiros na contorna da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física (antiga INEF), Praia de Bastiagueiro e Bosque dos Veciños.
Seguemento e previsións (serán actualizadas)
15 de abril 2026. Publicamos BOLETÍN 0 e CARTEL das probas.
29 de abril 2026: publicamos enlace ás INSCRICIÓNS para persoas NON federadas
2 de maio 2026: publicamos BOLETÍN 1 con información importante de cara ás inscricións e a entender a DINÁMICA DA PROBA e CONDICIÓNS ESPECIAIS DE TRAZADO.
3 de maio 2026 [aclaracións BOLETÍN 1]. Non está permitido interrrumpir o fluxo MEDIA-SPRINT para regresar ao vehículo, etc. salvo autorización expresa do Xuíz por consituir unha saída-regreso a mapa e un descanso extra respecto a outras persoas en competición. Cabe a posibilidad de deixar previamente no recinto de saídas que comparten MEDIA e SPRINT no interior do peche INEF as zapatillas (recordamos que recomendamos zapatilla con taco posto que hai rampas en céspede e tramos cortos en bosque sucio nas categorías de maiores), ropa ou avituallameto propio). Material á vista da organización, pero non custodiado.
8 de maio. BOLETÍN FINAL con IMPORTANTES notas sobre trazados, seguridade, distancias e desniveis. Tamén croquis para comprender mellor o espazo de SAÍDAS.
