Noticias

ÁVILA RECIBIU A PASADA FIN DE SEMANA O XXVIII TROFEO MARTIN KRONLUND

Máis de 30 deportistas da FEGADO desprazáronse a pasada fin de semana á localidade abulense de Las Navas del Marqués para competir no XXVIII Trofeo Martin Kronlund, no que participaron más de 1200 persoas.

O sábado disputouse a proba de longa distancia, onde Mateo Rodríguez (Club Aromon de Pontevedra) logrou a seguna posción en M20E, mentres que Irene Morales (AD Limiactiva), Araceli Abalde (Club Aromon de Pontevedra), Martín Morales (AD Limiactiva) e Francisco Varela (Club de Orientación Compás), foron terceiros en F21A, F35A, M40 e M60, respectivamente.

Pola tarde celebrouse a segunda proba da Liga Española de Trail-O, que contou con máis de 200 participantes na categoría Open. Iván Somoza (Club Gallaecia Raid) conseguiu o cuarto posto, seguido de Martín Morales (AD Limiactiva) e Anxo Somoza (Club Gallaecia Raid) tamén entrou no top 10 coa 8ª posición.

A competición despediuse coa distancia media do domingo, na que Sonia Gómez e Concepción González (ambas do Club de Orientación Compás) foron primerias en F50 e F55, mentres que Mateo Rodríguez repetiu segunda posición en M20E e Francisco Varela fixo o propio en M60. As medallas de bronce en F35A, F65 e M65 foron para Araceli Abalde, Mª José Naya (Club Orientación Liceo) e Pedro Parga (Club Fluvial de Lugo).

Dende a FEGADO trasladamos os parabéns a tod@s @s deportistas!

Os resultados completos pódense consultar aquí.