[importante CLUBS] Elaboración do CALENDARIO OFICIAL FEGADO 2026
A convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria da FEGADO para o sábado 14 de xuño de 2025 contempla no punto nº 5 da orde do día a aprobación, se procede, do calendario oficial Fegado 2026.
En cumprimento do mandato da Asemblea Xeral de 3 de decembro de 2022, a Xunta Directiva da FEGADO asume a encomenda de "estruturar un calendario anual coordinado, e que ofreza aos organizadores datas dispoñibles nas que asentar as súas probas".
A coordinación está a cargo da persoa colaboradora en materia de CALENDARIO que traballará conxuntamente coa Dirección Técnica.
Dado que Fran Varela está inmerso na organización do CESA2025 (20 ao 22 de xuño) en calidade de Director de Proba, adiantade as vosas propostas para o 2026 á conta direcciontecnica@fegado.es para que poidan ser expostas e debatidas, se procede, nesa Asemblea Xeral Ordinaria de mediados de xuño.
Son coñecidas as datas das Probas Especiais FEDO correspondentes ao calendario 2026, aprobadas na Asemblea Xeral Ordinaria FEDO de 8/06/2025 e as solicitudes de probas Non Especiais v03/25 [ver CALENDARIO FEDO 2026]. Estaremos atentos aos cambios que puidesen xurdir na Asemblea Xeral Ordinaria FEDO do vindeiro sábado 7/06/2025.
Obxectivos na mesma liña que en anualidades anteriores https://fegado.es/news/view/skl4n2694vbi/