GALICIA ACOLLEU A PASADA FIN DE SEMANA O CESA 2025
Galicia recibiu a pasada fin de semana o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Orientación en Idade Escolar (CESA), que se celebrou concretamente nos concellos de Santiago de Compostela e Porto do Son.
O venres deu comezo o evento coa longa distancia no Monte Enxa (Porto do Son). Pola tarde disputáronse as probas de trail-O e labirinto inclusivo no Monte do Gozo (Santiago de Compostela), non puntuables para a clasificación por seleccións autonómicas. Destacamos o resultado de Anxo Somoza (Gallaecia Raid), que se proclamou campión no TrailO conseguindo un 100% de acertos.
O sábado tivo lugar a media distancia de novo no Monte Enxa e pola tarde o sprint no Campus Sur de Santiago de Compostela, probas nas que Jana Albarrán (Club Gallaecia Raid) logrou as medallas de bronce e prata, respectivamente
O Campionato despediuse o domingo coas remudas mixtas na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).
Galicia conseguiu a sétima posición na clasificación por cominidades autónomas tanto nas categorías infantil coma cadete e o décimo posto na categoría xuvenil. Destacamos tamén o segundo posto de Jana Albarrán en inflantil feminino na clasificación individual coa suma de todas as probas.
Enviamos os parabéns a tod@s @s participantes e agardamos que desfrutaran dos nosos mapas e dos terreos galegos. Agradecemos tamén o gran traballo de todas as persoas da organización que fixeron posible que este evento tivese lugar.
Os resultados completos da proba están dispoñibles aquí e as imaxes pódense consultar neste enlace.