EXCELENTES RESULTADOS DA SELECCIÓN GALEGA DE ORIENTACIÓN A PÉ NO CAMPIONATO DE ESPAÑA URBANO EN MÁLAGA
Málaga acolleu esta fin de semana as probas urbanas do Campionato de España de O-Pé 2026 e estivo ao cargo do Club de Orientación de Málaga (COMA).
Nas Remudas Mixtas disputadas o sábado, o equipo Junior integrado por Carla Somoza, Martín Casado, Anxo Somoza e Jana Albarrán conseguiu a medalla de prata.
O sábado tamén se celebrou a primeira edición do Campionato de España de Knock-Out sprint, onde os deportistas de elite se enfrontaron a unha ronda clasificatoria para disputar despois a semifinal e a final. Jennie Börgesson (Raza Palleira), logrou clasificarse ata a ronda final conseguindo o sétimo posto na categoría feminina.
Finalmente, a competición despediuse co Sprint o domingo. Sira Rodríguez e Araceli Abalde (ambas do Aromon Pontevedra) conseguiron a prata en F14 e F40, respectivamente, mentres que Concepción González (Club de Orientación Compás) proclamouse Campioa de España en F55 e María José Naya (Club Orientación Liceo) subcampioa en F70.
Grazas aos resultados da nosa Selección, Galicia acadou o cuarto posto na clasificación por Comunidades Autónomas.
Dende a FEGADO trasladamos os parabéns a todos os nosos deportistas.
Os resultados completos están dispoñibles aquí e a retransmisión en directo pódese ver na canle de YouTube da FEDO.
A segunda fase do Campionato de España de O-Pé que incuirá as probas de bosque será durante a Semana Santa na provincia de Lleida.
