ACTIVIDADE DE TECNIFICACIÓN PRE-CESA 2025 | Concentración do 17 ao 18 de maio | Marín e Pontevedra
Obxectivo. Actividade de tecnificación de nivel escolar. Stage ou concentración de fin de semana longo para as categorías inferiores da FEGADO de cara a coñecer e mellorar nas diferentes técnicas de orientación no contexto dunha competición oficial á vez que traballar a convivencia en E-QUI-PO.
Actividade paralela ao Campionato de España de Centros Escolares de Orientación 2025 (CECEO 2025) auspiciado polo CSD e organizado pola FEGADO [ver ligazón ao boletín para ter máis información do formato e da ubicación dos diferentes Centros de Competición]. Distancia Media | Remudas Clásicas | Remudas "da amistade" e Sprint nocturno. Mapas seguros: Lago Castiñerias, Casco Vello e Alameda de Pontevedra e Illa das Esculturas.
Destinatarios. Rapaces e rapazas convocados a través da listaxe publicada de PRESELECIÓN CESA 2025 de persoas deportistas candidatas a cada unha das 24 prazas dispoñibles de cara ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas 2025 (CESA).
Datas de adestramentos: 17e 18 de maio en fin de semana longa con chegada o venres 16 (a partir das 19:00 h) e saída o domingo18. Horario e programa a confirmar, unha vez coñecido o número de persoas interesadas, en próximo adxunto nesta mesma noticia.
Aloxamento e manutención. Estaremos aloxados durante a fin de semana no CEI San Narciso (Pontevedra) en réxime de pensión competa. É unha tecnificación etiquetada como de proximidade que non implica desprazamentos longos para as familias.
Transporte dende o aloxamento aos adestramentos: Xestionado por FEGADO.
Axuda económica da FEGADO. Actividad en réxime de copago na que FEGADO cubre parcialmente o coste. Prezo final de 40 euros por participante polo PACK mapas + aloxamento+ manutención + transporte a zona de adestramento.
Confirma a túa asistencia canto antes. Se estás interesado/a ou tes dúbidas envía un correo-e á conta oripe@fegado.es. Data límite de inscrición: venres 2 de maio ás 23:50 horas.
GANAS, TRABALLO, TRABALLO, TRABALLO e TALENTO !