Noticias

A LIGA ESPAÑOLA DE MTBO DEU COMEZO A PASADA FIN DE SEMANA CO CAMPIONATO IBERICO EN EXTREMADURA

A Liga Española de MTBO comezou esta fin de semana na Comarca de Los Llanos de Olivenza (Extremadura) co Campionato Ibérico de MTBO, integrado por unha proba de Mass Start e unha Distancia Media, ambas puntuables tamén para a Liga Española. Tamén se celebrou un sprint, non valedeiro para o CIMTBO, pero si para o ranking nacional.

A nivel de resultados de Campionato Ibérico, o sábado na Mass Start Lía Rodríguez e Noa Rodríguez (ambas do Club de Orientación Compás) lograron o ouro en F17 e F20, respectivamente. Enrique Álvarez (Club Gallaecia Raid) foi subcampión en M55 e en F50 e M60 Claudia Oreiro e Francisco Varela (Club de Orientación Compás) recolleron o bronce. Por outra banda, Sofía Martínez (Club de Orientación Compás) foi a terceira española en FElite.

En canto os resultados de Liga Española na distancia sprint disputada pola tarde, Lía Rodríguez e Noa Rodríguez repetiron primeira posición en F17 e F20. Neste caso, Sofía Martínez foi segunda en F-Elite e Rodrigo Rodríguez (Club de Orientación Compás), David Casado (Club O Pasatempo Betanzos) e Francisco Varela lograron tamén o segundo posto en M40, M50 e M60, respectivamente. Claudia Oreiro e Alex Marín foron terceiros na categoría 50.

Por último, na distancia media do CIMTBO do domingo, Lía Rodríguez e Noa Rodríguez proclamáronse de novo campioas en F17 e F20. Rodrigo Rodríguez, David Casado e Francisco Varela tamén foron primeiros en M40, M50 e M60. Claudia Oreiro foi segunda en F50 e José Manuel Nogueras (Club O Pasatempo Betanzos) terceiro na categoría Masculina. Sofía Martínez foi de novo a terceira española en Femenino Elite.

Dende a FEGADO enviamos os parabéns a tod@s @s nos@s deportistas.

Os resultados completos pódense consultar neste enlace.