Noticias

CINCO DEPORTISTAS DA FEGADO REPRESENTARÁN A ESPAÑA NO CAMPIONATO DE EUROPA DE MTBO EN LITUANIA

A Dirección Técnica da FEDO publicou este luns a lista de deportistas que representarán a España no Campionato de Europa de MTBO Absoluto, Junior e Xuvenil (EMTBOC) que terá lugar en Lituania do 14 ao 18 de maio de 2025.

Entre os integrantes do equipo absoluto atópase Kike Chousa (do Club de Orientación Compás); como parte do equipo junior temos aos orientadores galegos Marcos Silvarrey (do Club Gallaecia Raid), Nicolás López e Sofía Martínez (ambos do Club de Orientación Compás) e no equipo xuvenil a Lía Rodríguez (tamén do Club de Orientación Compás).

O evento dará comezo o xoves 15 coa proba de Mass Start. O venres celebrarase a Distancia Media, seguida do Sprint o sábado e finalmente a competición despedirase cunha proba de Remudas o domingo.

Dende a FEGADO trasladamos os parabéns a todo o equipo e enviámoslle moita sorte!

Toda a información da proba, así como o seguimento en directo, está dispoñible neste enlace