Noticias

SORIA REUNIU A MÁIS DE 1400 DEPORTISTAS A PASADA FIN DE SEMANA NO XV TROFEO PINARES

A provincia de Soria acolleu a última fin de semana de agosto o XV Trofeo Pinares de Soria, que reuniu a máis de 1.400 deportistas e estivo ao cargo do Club Navaleno.

O programa incluíu probas de bosque e sprint puntuables para o ranking nacional, ademais dunha serie de adestramentos que se celebraron durante a semana.

O sábado disputouse a media distancia en Vinuesa, na que destacamos o segundo posto de Iván Somoza (Club Gallaecia Raid) en M50 e de Rosa Pernas (Club USC) en F60. Pola tarde o casco urbán de Vinuesa recibiu a distancia sprint, onde Jana Albarrán (Club Gallaecia Raid) e Sira Rodríguez (Club Aromon de Pontevedra), acadaron o primeiro a segundo postos na categoría F14. Nesta ocasión, Iván Somoza conseguiu o ouro en M50 e Concepción González (Club de Orientación Compás) a prata en F55. A competición despediuse o domingo coa proba de longa distancia.

Os resultados completos están dispoñibles aquí.