Últimas noticias

ENTREVISTA A ADRIÁN MOREIRA NO PROGRAMA 'ALTO CONTENIDO EN O2' DA RTVE

  • Sociedad de Montaña Ártabros

O noso orientador Adrián Moreira (do Club Aromon de Pontevedra) foi entrevistado no programa ' Alto Contenido en O2' da RTVE, onde explica dende a súa experiencia en que consisten os Raids de Orientación.No enlace adxunto podedes escoitar o podcast para aprender máis sobre esta modalidade do noso deporte.

GALICIA GAÑA POR SÉTIMO ANO CONSECUTIVO O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MTBO

  • Sociedad de Montaña Ártabros

A localidade de Huerta del Rey (Burgos) acolleu a pasada fin de semana o Campionato de España de MTBO, no que Galicia logrou ser a comunidade autónoma gañadora por sétimo ano consecutivo. O sábado 24 de xullo disputouse a DISTANCIA MEDIA, onde Sofía Martínez (Club Orientación Compás) conseguiu a medalla de ouro na categoría F17, mentres que en F40 a campioa foi Cristina López (Club...

Ranking MTB-O 2021, Jornada 2

  • FE.GA.DO

Se publica el ranking de la Liga Gallega de MTB-O después de disputada la segunda prueba en Xinzo de Limia el pasado 18 de julio.

CEMTBO 2021 | FEGADO SUFRAGARÁ O CUSTO DUN TEST DE ANTÍXENOS A TODOS OS/AS INSCRITOS/AS

  • Sociedad de Montaña Ártabros

Aínda que a especialidade de MTBO non está considerada como "deporte de contacto" e polo tanto non se esixe a realización de test de serolóxicas ou probas similares previas á competición, consideramos que tras analizar a situación epidemiolóxica é recomendable reforzar a seguridade de todos/as os/as deportistas inscritos no Campionato de España MTBO 2021.A Consellería de Sanidade na...

DOUS ORIENTADORES GALEGOS NAS PROBAS DE SELECCIÓN PARA O CAMPIONATO DO MUNDO JUNIOR DE O-PÉ

  • Sociedad de Montaña Ártabros

Mateo Rodríguez (Club Aromon de Pontevedra) e Nicolás López (Club O Pasatempo Betanzos) participaron a pasada fin de semana nas últimas probas de selección para o Campionato do Mundo Junior de O-Pé 2021 (JWOC), que se celebrará en Turquía do 5 ao 10 de setembro. O venres 16 de xullo competiron na distancia sprint en Nalda (La Rioja), ao día seguinte disputouse a distancia media en...

CEMTBO 2021 | SELECCIÓN GALEGA DEFINITIVA | 24 e 25 de xullo | Huerta del Rey (Burgos)

  • Sociedad de Montaña Ártabros

Tras a publicación da convocatoria de probas de preparación e criterios de selección (11 de maio de 2021) e a relación de preseleccionados/as (14 de maio de 2021) e unha vez pechado onte domingo 18 de xullo o prazo de inscripcións para o Campionato de España de MTBO que se celebrará o vindeiro fin de semana 24 e 25 de xullo en Huerta del Rey (Burgos), dende a Dirección Técnica...

NOVO CIRCUÍTO PERMANENTE DE ORIENTACIÓN NO CONCELLO DE XERMADE

  • Sociedad de Montaña Ártabros

O Concello de Xermade (Lugo) e o Parque Eólico Experimental de Sotavento inaguraron o pasado sábado 10 de xullo, coincidindo coa primeira proba da Liga Galega de Trail-O, un circuíto permanente de orientación (CPO) no Serrón do Lobo, formado por cinco percorridos adaptados a diferentes niveis de esixencia físico-técnica.O mapa, elaborado por Iván Mera do Club Orientación Liceo, pódese...

MARMAR OUTDOOR patrocina el premio a Selecciones Autonómicas en el CTO. DE ESPAÑA MTBO

  • FE.GA.DO

La empresa gallega MARMAR OUTDOOR patrocina el premio que FEDO otorga a la selección autonómica MTBO vencedora del Campeonato de España consistente en la gratuidad de las inscripciones en el Campeonato de España del año siguiente.En tanto que Galicia fue la vencedora en 2020, los componentes de la Selección Gallega MTBO 2021 no tendrán que pagar sus inscripciones en el próximo...

Actualización de Ranking de Liga Galega de Trail-O

  • FE.GA.DO

Publícase o ranking de liga galega de Trail-O despois de realizada a primeira proba do calendario, en Xermade (Lugo) o día 10 de xullo.

MATEO RODRÍGUEZ E NICOLÁS LÓPEZ FORMARÁN PARTE DA SELECCIÓN ESPAÑOLA NO CAMPIONATO DE EUROPA XUVENIL E CADETE DE O-PÉ 2021

  • Sociedad de Montaña Ártabros

Os nosos deportistas Mateo Rodríguez (Club Aromon de Pontevedra) e Nicolás López (Club O Pasatempo Betanzos) foron convocados polos seus resultados nas probas de selección a nivel nacional para representar a España no Campionato de Europa Xuvenil e Cadete de O-pé 2021.O evento disputarase en Vilnius (Lituania) do 19 ao 22 de agosto. Nicolás competirá na categoría M16, mentres que Mateo...

SOFÍA MARTÍNEZ E MARCOS SILVARREY COMPETIRON NOS MTBO 5 DAYS PLZEN (REPÚBLICA CHECA)

  • Sociedad de Montaña Ártabros

Sofía Martínez (Club de Orientación Compás) e Marcos Silvarrey (Club Gallaecia Raid) participaron xunto con outros aspirantes e deportistas da selección española de MTBO nos MTBO 5 Days Plzen, na República Checa, un dos eventos máis importantes desta especialidade a nivel internacional.As probas comezaron o venres dous de xullo co free order (orde libre) e ao día seguinte tivo lugar a...

5ª Prueba selección mtbo

  • CLUB DE ORIENTACIÓN COMPÁS

Lamentamos informaros que por motivos ajenos a la federación y al club organizador tenemos que anular el 5º entrenamiento de mtbo para la selección gallega a celebrar en Begonte..Por otro lado, deciros que la prueba del domingo 18 en Xinzo de Limia, también se tendrá en cuenta. Lo sentimos, un Saludo.

Trail-O en Xermade. Horas de saída

  • Club Orientación Liceo de A Coruña

Publícanse as horas de saída da primeira proba da liga galega de Trail-O (O-Precisión) que terá lugar en Xermade (Lugo) o vindeiro día 10 de xullo.Ofrécese unha ligazón para facer un seguimento en tempo real do desenvolvemento da competición.

CATRO ORIENTADORES GALEGOS PARTICIPARON NAS PROBAS DE SELECCIÓN PARA O EYOC

  • Sociedad de Montaña Ártabros

Esta fin de semana @s nos@s orientadores/as Eva Casado, Nicolás López (ambos do Club O Pasatempo de Betanzos), Xián Novoa e Mateo Rodríguez (os dous do Club Aromon de Pontevedra) viaxaron a Barbate (Cádiz) co obxectivo de participar nas terceiras probas de selección para o Campionato de Europa Xuvenil-Cadete de O-pé 2021 (EYOC), que este ano se celebrará en Vilnius (Lituania) do 19 ao...

A COMARCA DE ORTEGAL RECIBIU O PASADO SÁBADO O CAMPIONATO GALEGO DE US MTBO E A SEGUNDA PROBA DA LIGA ESPAÑOLA DE US MTBO

  • Sociedad de Montaña Ártabros

O sábado 3 dexullo o Ultra Score MTBO Xeoparque Cabo Ortegal fixo parada nos concellos de Cariño, Cedeira e Ortigueira, na Comarca de Ortegal (A Coruña), un paraíso natural no que se atopan os segundos cantís máis altos de Europa.Un total de 92 deportistas galegos/as competiron neste evento, de xeito individual ou por parellas, co obxectivo de visitar o maior número de controis posibles...