Últimas noticias

Modelos de solicitude para autorizacións

  • FE.GA.DO

Na sección de artigos creouse unha nova entrada con todos os modelos de documentos necesarios para solicitar autorización administrativa para a realización de eventos deportivos.

RAID Social Monfero 2011

  • FE.GA.DO

Información sobre o raid social que organiza o Club Montaña Ferrol en Monfero:http://www.clubmontanaferrol.com/novedades/2011/02/raid-social-monfero-2011/

Artigo acerca de GPS e deporte de orientación

  • FE.GA.DO

Miguel Camblor fai público un interesante artigo titulado GPS e deporte de orientación, que se pode consultar ou descargar na sección de artigos.

Calendario de probas 2011

  • FE.GA.DO

Publícase o calendario 2011 que foi aprobado na última Asemblea da AGaCO.

Canle en Vimeo para amosar vídeos de raids.

  • FE.GA.DO

Dende o club Montañeiros informan que se ven de crear unha canle para compartir vídeos relacionados cos raids, tanto a nivel galego coma nacional. Este é o enderezo web: http://vimeo.com/channels/raid. Os vídeos pódense ver sin necesidade de rexistro, pero tamén se poden subir vídeos despois de suscribirse á canle.

Ranking O-Pé 2010 final.

Publícase o ranking definitivo de orientación a pé, despois de computar os resultados de todas as probas do calendario. Ver a sección de descargas ou ben a clasificación en liña que aparece á dereita da pantalla.

Calendario raid 2011 e proposta modificacion REGLAMENTO DE RAID

O próximo sábado día 18 de decembro, celebraremos a asemblea AGaCO, cos membros recén elixidos, para elixir presidente e definir o máximo posible o calendario 2011, será un bó intre para tratar e debatir os temas que estimedes oportunos no concernente a organización da próxima tempada de raid de aventura. Neste orde de feitos achégovos (arquivos axuntos) a proposta recibida de Alfonso...

Acordos da xunta electoral da AGaCO

Na sección dedicada ás eleccións da AGaCO, publícase un documento cos acordos adoptados pola xunta electoral o día 30 de novembro sobre proclamación de candidatos definitivos e electos.

Entreno Bici Orientación As Somozas.

Hola amigos, el domingo 19 de Diciembre organizaremos en As Somozas un entrenamiento de Bici Orientación abierto a todo aquel que quiera participar. El entreno constará en un recorrido de unos 40 kms. de distancia y el tiempo estimado será entre 2 horas el mejor y 3 horas y media. El recorrido será por caminos de tierra, pistas asfaltadas y algún que otro sendero, pero no tendrá una gran...

Praia de Nerga (Cangas). Resultados oficiais.

Velaquí os resultados oficiais da última proba de liga galega de O-Pé, que tivo lugar na praia de Nerga (Cangas).Ver resultados

Sara e Andrea Ricoy triunfan no Trofeo Internacional Cidade de Barcelona.

O club de orientación de Cataluña (COC) organizou o pasado 20 e 21 de Novembro o “TROFEO INTERNACIONAL CIDADE DE BARCELONA”, TICBCN 2010. No evento participaron numerosos orientadores de toda Europa (Francia, Suecia, Lituania, UK, etc.). Estamos especialmente orgullosos da actuación das corredoras do club AROMON, Sara e Andrea Ricoy, que acadaron un excelente segundo posto nas categorías...

Praia de Nerga (Cangas). Resultados provisionais.

Moi boas!Antes de nada queremos agradecer aos clubes da Universidade de Vigo e A Roelo-Montañeiros, e ao concello de Cangas, a posibilidade e facilidades para organizaro II Trofeo de Orientación Concello de Cangas nese mapa fantástico de Nerga-Barra.Esperamos que disfrutárades da proba!Enviamos os resultados provisionais por se atopades algún erro.Saúdos a ata a próxima!USC - Sección...

Eleccións 2010.

Publícase o censo electoral definitivo e algunhas indicacións acerca do proceso. Ver a sección dedicada ás eleccións.

Última proba de liga O-Pé. Saídas.

A USC publica o listado de saídas da última proba da liga 2010 de O-Pé, que terá lugar o día 20 na praia de Nerga (Cangas do Morrazo).+Info

Oferta de aloxamento en Cangas.

O Hostal e Apartamentos Rodeiramar 2A acaba de facer chegar unha oferta de aloxamento para os que teñan pensado participar na última proba de liga de orientación a pé, que terá lugar o día 20 na praia de Barra, Cangas.+Info